Crítica do marco da “España vacía”

CRÍTICA DO MARCO DA "ESPAÑA VACÍA"

Para rematar o ciclo Pensando o Futuro, este luns, 19 de decembro, tivemos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda a palestra de Helena Miguélez–Carballeira: “Desposuimento e trauma na cultura galega contemporánea: cara a unha crítica do marco da “España vacía””. Catedrática de Estudos Hispánicos na Universidade de Bangor (Gales), Helena Miguélez–Carballeira é autora do libro Galiza, […]

Setembro: de volta

Sede de ACAB

Chegou setembro. Volvemos. A verdade é que non nos foramos de todo. Durante o mes agosto, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrou dúas actividades con moita asistencia de participantes: o Día de Galiza Mártir e a visita guiada á exposición “As miradas de Isaac”, de Isaac Díaz Pardo, da man do seu fillo Xosé Díaz. […]

2021: Desconfinemos a cultura

Acto cultural Alexandre Bóveda

“…abrimos as portas a quen queira traballar connosco, porque somos xente de acción…” Fundada no ano 1976, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ten como obxectivos prioritarios a defensa da lingua e da cultura galegas. Vivimos tempos difíciles para todo o mundo e para todas as actividades. Pero, durante estes meses de pandemia, vimos e escoitamos […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies