Día das Artes Galegas 2024
O 1 de abril de 1188 foron colocados os linteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo. Levaba, o Mestre Mateo, traballando na obra vinte e oito anos, pois o rei Fernando II contratárao de por vida en 1168 cun soldo de cen marabedís anuais. Aínda faltaba algún tempo para que o Pórtico estivese rematado, […]
Un poema para agosto (II): Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez (Celanova,1851 – La Habana,1908) recibía unha homenaxe no Teatro Principal da Coruña -hoxe Teatro Rosalía de Castro- o día 21 de outubro de 1904. Alí, na súa coronación, o poeta de Celanova lía o coñecido poema, “Ao pobo cruñes”: AO POBO CRUÑÉS Miñas donas, meus señores, que polos papés chamados (sempre estremosos […]
21 de marzo: sempre a poesía
“A poesía vivirá eternamente. Por muito que se materialice o mundo, sempre ficarán tolos con estrelas na frente e cantares no bico” (Florencio Delgado Gurriarán) LUÍSA VILLALTA (Ruído): Acabarei por facer do poema a biografia, atar os dias a xeito de tercetos encadeados e espetar–lle ao mundo que si, que é posíbel viver como vive […]
Unha morte, un enterro, unha rúa… e unha pregunta
Unha morte: a de Rosalía de Castro Rosalía morría –aos 48 anos de idade– na casa da Matanza, en Padrón, o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte, 16 de xullo, era soterrada no cemiterio da Adina –en Iría Flavia– e o 26 de maio de 1891 os seu restos eran sepultados definitivamente […]
Recoñecementos e homenaxes
“o día que vos poida levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás.” (Lorenzo Varela) Atopamos nas cidades e nas vilas recoñecementos e homenaxes a persoas destacadas da sociedade. Ben en forma de nome dunha rúa, ben nomeando un centro de ensino –biblioteca ou outro edificio público–, ben en forma de estatua ou outro […]
Curros Enríquez – Paseos en agosto III
Non é difícil atopar na Coruña o espectacular –como a fama do homenaxeado– conxunto escultórico da foto. Obra do escultor Francisco Asorey, é o monumento a Curros Enríquez, situado nos Xardíns de Méndez Núñez. Na inauguración –11 de agosto de 1934– estaban o presidente da II República Niceto Alcalá Zamora, o alcalde da Coruña Suárez […]
Para darnos folgos
Si un intre só conquiro darvos folgos co meu canto, ficaréi moi contente e non perciso máis nada. O versos anteriores son de Celso Emilio Ferreiro en Viaxe ao país dos ananos, de 1970. E si, folgos son os que nos cómpren na actual situación que vivimos. Desde aquí unímonos aos desexos do autor de […]
Ai, dos que levan na fronte unha estrela!
Rosalía de Castro morría na súa casa da Matanza, en Padrón, o día 15 de xullo de 1885. Ao día seguinte, recibía sepultura no cemiterio de Adina, en Iria Flavia (Padrón). En maio de 1891, os seus restos foron levados para a Capela da Visitación do Convento de Santo Domingo de Bonaval, en Compostela. Alí […]
Curros Enríquez, a poesía comprometida
En setembro de 1851 nacía un dos poetas máis destacados das letras galegas: Manuel Curros Enríquez. Chegados a mediados de mes, vaian estas liñas como lembranza do poeta que tanto amou A Coruña. A vida e obra Como diciamos antes, un dos piares do chamado Rexurdimento -na segunda metade do século XIX-, Curros Enríquez, nacía […]
“Cántiga”, o primeiro poema en galego de Curros
O 5 de xuño de 2019 cúmprense cento cincuenta anos da primeira composición en galego de Manuel Curros Enríquez. En 1869, cando o poeta de Celanova tiña só 17 anos e estaba estudando Dereito en Madrid, escribía na marxe da lección X da Economía Política de Manuel Colmeiro a súa famosa “Cántiga”, incluída despois, en […]