Un poema para agosto (I): Eduardo Pondal

Monumento a Pondal

Cando Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917) escribiu estes versos ben se daba conta que na mocidade está o futuro, neste caso o futuro da lingua galega. Un século despois, os versos do bardo de Ponteceso seguen vixentes. FALADE GALEGO   Miniñas da Cruña, d’ amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, […]

Recoñecementos e homenaxes

Estatua a Pondal

“o día que vos poida levar á sepultura unha cesta de pombas e mazás.” (Lorenzo Varela) Atopamos nas cidades e nas vilas recoñecementos e homenaxes a persoas destacadas da sociedade. Ben en forma de nome dunha rúa, ben nomeando un centro de ensino –biblioteca ou outro edificio público–, ben en forma de estatua ou outro […]

Eduardo Pondal na Coruña – Paseos en agosto I

Busto Pondal

Nesta casa da coruñesa rúa Juana de Vega –hoxe céntrica e buliciosa– viviu os últimos anos da súa vida o poeta Eduardo Pondal Abente, tal como sinala a placa na fachada do edificio.   Nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835, Pondal falecía na Coruña o 8 de marzo de 1917. En 1918 […]

Santo Amaro, lanzadeira de versos

Cemiterio de Santo Amaro: Manuel Lugrís Freire

Se para o historiador Suso Martínez, o cemiterio coruñés de Santo Amaro é unha “lanzadeira de ánimas”, ten que ser á forza, tamén, unha lanzadeira de versos. Tal é o número e a importancia de poetas galegos que nel descansan. No fermoso Pregón da Feira do Libro da Coruña (1-8-2015), Mercedes Queixas referíase a Santo […]

Poesía es ti… (Non crebemos as liras)

Xa nos tempos de Curros Enríquez eran malos tempos para a lírica. Así aparece no poema “Crebar as liras” de Aires da miña terra (1880): “Espaventada, atóneta, A virxe Poesía Clamóu desalentada: «¡Vates, crebade as liras!»” Claro que o poeta de Celanova non lle fixo caso á petición e seguiu coas súas “liras”, por sorte. […]

Queixumes dos pinos

Queixumes dos pinos é o título do libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e que conten o poema Os pinos mais con ese nome de “Queixumes dos pinos”, segundo nos explica Xoán Costa, existiu tamén unha coral. En xaneiro de 1922 a sociedade coral Queixumes dos pinos da Coruña (hai outra co mesmo nome […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies