Historias silenciadas: a explotación das emigrantes galegas en Bos Aires

No artigo Entre a esperanza e a explotación: emigrantes galegas prostituídas na Habana abordamos a traxedia das mulleres galegas que emigraron á Habana, vítimas dunha realidade de explotación e prostitución forzada. Mais aquel drama non se limitou a Cuba; outros destinos da nosa emigración, como Uruguai ou Brasil foron tamén escenarios deste drama. Sen embargo, […]

A emigración galega. “Este vaise e aquel vaise”

A xeito de S.O.S. falo na madrugada: Pechái tódalas portas e que xa ninguén saia. A emigración é un fenómeno secularmente ligado a Galiza e do que existe constancia desde épocas moi antigas. Con todo, será no século XIX cando acade un maior peso e se faga masiva, sendo América o destino escollido dos emigrados. […]

O Centro Galego de Bos Aires. Desde as súas orixes aos anos 90

Foi a mediados do século XIX cando as asociacións galegas de tipo mutualista, que proporcionaban servizos medico-asistenciais, comezaron a florecer nos países receptores de emigración galega. As experiencias asociativas de anos anteriores non deixaban de ser minoritarias e só para unha elite. Non foi un fenómeno exclusivo do asociacionismo galego, senón que ocorreu o mesmo […]

Xosé Neira Vilas en Cuba

Neira Vilas e Anisia Miranda

A biografía de Xosé Neira Vilas non ten sentido sen a presenza de Cuba, onde viviu 31 anos. Unha Cuba revolucionaria á que el, xunto a súa inseparábel Anisia Miranda –cubana de nacemento e filla de ourensáns—achegou o seu gran de area, e unha Cuba onde non deixou de espallar a cultura galega. Xosé Neira […]

Céltiga, a revista da emigración

O galeguismo, en todas as súas vertentes, necesitou e necesita canles para expresarse. É coñecida a importancia que, nas primeiras décadas do século XX, tiveron as revistas como medio para espallar ideas e dar a coñecer as diversas creacións, literarias ou non. Algunha delas, como é o caso da Revista Nós (1920) mesmo deron nome […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies