A lingua galega e as novas tecnoloxías lingüísticas

Dentro do ciclo “Pensando o futuro”, tivemos a oportunidade de escoitar a palestra de Rubén Cela “Intelixencia artificial e novas tecnoloxías lingüísticas: oportunidades para a lingua galega”. Presentado pola catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC) Neves Rodríguez Brisaboa, Rubén Cela é economista, foi director xeral de Xuventude e Solidariedade na […]
Medre a lingua

“Non hai plena consciencia da situación do galego na sociedade de hoxe”. A anterior é unha afirmación do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato. Segundo el, o ano 2009 supuxo unha inflexión na normalización da lingua ao introducírense medidas regresivas contra o noso idioma. Reclama unha nova Lei de Normalización Lingüística que aposte polo galego xa […]
A escola, motor desgaleguizador

O título do inicio non é alarmista nin falso. É a conclusión que se saca do estudo que vén de publicar a Real Academia Galega: Mapa sociolingüístico escolar de Ames. A noticia da publicación do traballo de investigación na páxina web da institución académica non deixa lugar a dúbidas: O acceso ao sistema educativo exerce […]
A antiga Gallaecia, unha verdadeira academia de linguas
Con moita frecuencia, as lendas enverédanse coas realidades históricas máis lonxincuas para daren conta da orixe das nacións ou para construíren símbolos identitarios dos pobos. Ás veces, os estudos desenvolvidos por especialistas en historia e en arqueoloxía contradín parcial ou totalmente as percepcións populares no tocante ao percurso histórico dos países. De calquera modo, non […]
O virus da lingua
Desde o mes de marzo acompáñanos un visitante que alterou e mudou –en grande medida– as nosas vidas. Tamén a nosa lingua. O chamado COVID–19 impuxo a súa lei con tanto rigor e éxito que dous meses despois –14 de maio de 2020– a Real Academia Galega xa admitía no seu Dicionario a palabra coronavirus. […]
Carvalho Calero: reflexións sobre a lingua
Moito ten reflexionado Ricardo Carvalho Calero sobre a literatura galega e sobre a nosa lingua. Centrándonos na lingua, deixou escritas páxinas e páxinas onde amosa a súa preocupación polo futuro do galego, pola súa normativización e pola súa normalización. A continuación –como homenaxe a estas preocupacións do autor ferrolán– traemos aquí algunhas desas reflexións, algunhas […]
A lingua das letras
Estamos no mes de maio e o protagonismo cultural é, chegado este tempo, para as Letras galegas, en xeral, e para as literarias en particular. Temos unha abondosa literatura de creación, autoras e autores que traballan e fan arte cunha ferramenta que ten séculos de historia, que se foi modelando co paso do tempo: a […]
Ricardo Carvalho Calero: o profesor e estudoso
Despois de que ano tras ano numerosos colectivos e asociacións –entre elas a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda– reivindicasen un Día das Letras Galegas para Ricardo Carvalho Calero, a Real Academia Galega saldaba esa débeda na sesión ordinaria que celebrou o seu Pleno o 22 de xuño de 2019. Nesa sesión, a RAG acordaba dedicar o […]
18 razóns (desesperadas) para falar galego na Coruña
Para ver a cara dos camareiros cando lles pides “un café con leite morno” ou “milfollas de sobremesa”. Para contaxiar a outros falantes. Si, falar galego pode ser contaxioso. Talvez non tanto como a mononucleose ou a clamidia, mais si como un catarriño leve. Para que os taxistas te chamen “galleguista” cando lles pides que […]
A lingua máis difícil
Naquel país, pequeno e practicamente descoñecido, había xente que tardaba anos e anos en se botar a falar na súa lingua. Ninguén puido explicar nunca –nin os científicos da National Geographic, que foron os últimos en estudar a lingua de cabo a rabo— por que, mentres nas máis de 5.000 linguas do planeta a xente […]