Fragmentos teatrais de Luísa Villalta

Lectura dramatizada de fragmentos teatrais de Luísa Villalta

O pasado martes,18 de xuño, día no que naceu Lino Braxe, o grupo Alexandre Bóveda Teatro interpretou Fragmentos teatrais de Luísa Villalta. Foi unha lectura dramatizada de varias escenas da Obra dramática completa de Luísa Villalta editada por Lino Braxe e Alexandrina Fernández Otero coa agrupación cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritores e […]

Luísa collería a pancarta

Concentración pro palestina

Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, se os nosos soños son igoales, coma un irmáu che falo. (Celso Emilio Ferreiro)    Por iso pido a paz pido a paz e un estado popular para o pobo pobre débil coma min en Palestina. (Luísa Villalta) Desde hai meses, organizadas por Galiza […]

Luísa Villalta: rota ao interior do compromiso

Luísa Villalta

Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda –que temos como obxectivos a promoción e defensa da lingua e da cultura galega así como divulgar o pensamento do ilustre nacionalista que nos dá nome– non queremos deixar pasar esta data –17 de maio de 2024– para homenaxear a tamén ilustre socia de honra da nosa asociación, Luísa […]

Luísa Villalta, articulista

Poema de Luísa Villalta

Cada ano, as Letras Galegas, dannos a oportunidade de coñecer mellor a obra de autores e autoras, na que en ocasións, non tivemos a oportunidade de afondar por diversas razóns. A vida non dá para lelo todo, unha mágoa! Tamén, non cansarei de dicilo, as autoras seguen a estar en clara desvantaxe, algo sobre o […]

Comeza o ano de Luísa Villalta

Luísa Villalta

“ESA son eu rubindo unha e outra vez as escadas dun mundo posíbel” O Día das Letras Galegas de 2024 estará dedicado a Luísa Villalta. Comeza, pois, un ano no que teremos a oportunidade de profundar na vida e na obra dunha autora comprometida coa súa cidade e a súa terra. Socia de honra da […]

Luísa Villalta: Letras Galegas 2024

Luísa Villalta

A Real Academia Galega –en pleno celebrado hoxe, 29 de xuño– acordou homenaxear a Luísa Villalta co Día das Letras Galegas de 2024. Cando se cumpran vinte anos do seu falecemento, a socia de honra da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vai ter o recoñecemento merecido. En varias ocasións, a nosa Asociación dirixiuse á Real Academia […]

Un poema para agosto (III): Luísa Villalta

Estación ferrocarril A Coruña

Luísa Villalta Gómez (A Coruña,1957-A Coruña, 2004) ten numerosos poemas dedicados á súa cidade. No libro, En concreto (2004), aparece o titulado “Estación” no que fala da cidade herculina como fin de traxecto. A ESTACIÓN   Onda nós nunca pasan os trens. só chegan ou parten. Por iso tamén somos nós a nosa última estación […]

E se o 2023 fose o ano de Luísa Villalta?

Luísa Villalta

Se no seguinte Pleno da Real Academia Galega –ese no que deciden a persoa homenaxeada coas Letras Galegas de 2023– escollesen a Luísa Villalta, estarían facendo xustiza coa súa obra e co seu exemplo de compromiso con Galiza e a súa cultura. Luísa cumpre sobradamente os requisitos que esixen os Estatutos –capítulo 2, artigo 7– […]

21 de marzo: sempre a poesía

Mural Rosalía

“A poesía vivirá eternamente. Por muito que se materialice o mundo, sempre ficarán tolos con estrelas na frente e cantares no bico” (Florencio Delgado Gurriarán) LUÍSA VILLALTA (Ruído): Acabarei por facer do poema a biografia, atar os dias a xeito de tercetos encadeados e espetar–lle ao mundo que si, que é posíbel viver como vive […]

Letras Galegas de 2022 para Luísa Villalta

Luísa Villalta

Fronte á rutina, o rito da palabra tensa a pel (Luísa Villalta) Con catro meses e catro días de diferenza falecían Xela Arias, en Vigo (2003) e Luísa Villalta, na Coruña (2004). Con tan escasa marxe de tempo, o mundo literario e cultural galego viuse sacudido polo que, en 1612, xa escribira no seu soneto […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies