Un poema para agosto (XXIII): Manuel Pereira Valcárcel
O mestre e escritor, Manuel Pereira Valcárcel (A Estrada, 1955), publicaba en 2008 o poema titulado “Cidade no desexo”, dedicado á Coruña. CIDADE NO DESEXO Sempre alí. Agardando serena. Como se fose posible a vida xuntos. O seu mar e o noso corazón. Ela, repleta de nomes amigables. Ela, a dócil luz das galerías. […]