Saúde mental e autocoidado nas mulleres

Dentro do ciclo Pensando o futuro, tivemos a oportunidade de escoitar a palestra de Iria Veiga, Saúde mental e autocoidado nas mulleres. Presentada por María Xosé Bravo, a médica psiquiatra comezou sinalando a importancia da ciencia: ler datos científicos para entender o mundo. A ciencia –unha ferramenta– é neutra, mais as persoas que a fan […]

Calendario 2022

Calendario 2022

Doce centenarios nos chamaron para facermos esta lembranza de mulleres nadas hai 100 anos. Doce historias diversas, desde a de María Casares (a galega que foi a grande dama do teatro francés) até a da nosa queridísima Luz Pozo (poeta e moito máis), pasando pola de Mariví Villaverde e a memoria do exilio… Xaneiro María […]

8 de marzo: sen coidados non hai vida

Manifestación 8M

“Son a nai que te pariu e coida face–lo necesario porque avances” (Xela Arias. Darío a diario) O Manifesto de Galegas8m para o Día das Mulleres 2021 sinala a necesidade de concienciar da importancia de todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución e mantemento da vida, de todas esas tarefas ás que non lles […]

Calendario 2021

Facemos este calendario co compromiso de traballar para dar visibilidade ao traballo realizado por mulleres e coa firme esperanza de que no 2021 poidamos convivir nun mundo onde as mulleres “sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”. (Rosa Luxemburgo) Xaneiro MARUXA MALLO Na véspera do día de Reis de 1902 nace en Viveiro a […]

25 de novembro: Voces contra a violencia machista

Estatua de Emilia Pardo Bazán

  Xa sabemos que non é suficiente con preocuparse un día ao ano –cando toca a celebración–, senón todos os días e cada segundo de cada día do ano. Con todo, non queriamos deixar pasar a data sen traer aquí algúns dos textos –dos moitos que xa vai habendo– sobre a violencia contra as mulleres. […]

Calendario 2020: Queremos salario, traballo xa temos

Vendedoras de peixe

OS OFICIOS, os traballos visibles… A épica do cotián Desde sempre, tamén agora, as mulleres souberon berrar contra as inxustizas, souberon reclamar salarios dignos para o seu traballo, souberon da forza da unión, souberon da necesidade de tecer redes de complicidade, souberon do valor da solidariedade, souberon… Xaneiro TRABALLANDO NA CIDADE Hai multitude de oficios […]

María Castaña: unha rebelde de lenda

Hai nomes que se popularizaron de tal maneira que pasaron de xeración en xeración ao imaxinario popular, sen ter conciencia nin coñecemento exacto da súa vida nin do que significaron. Un deses nomes é o de María Castaña. No seu caso este feito aínda é máis rechamante porque mesmo se converteu en dito e pasou […]

Rita Amparo López Jean

Amparo López Jean

Rita Amparo López Jean naceu en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885, filla de Adela Cruz Ramona Jean Toca, natural de Pamplona e do coruñés Sabino María López Núñez: viúvos os dous, casaran en Vilaboa o 14 de febreiro de 1880. Adela, formada como mestra en Cuba (alí marchara de nena co seu […]

Antonia Martínez “Tinita”. A ciclista galega que escandalizou a Habana

Muller en bicicleta

A muller deportista estivo sempre marxinada dentro da sociedade xa que o deporte é tradicionalmente un mundo de homes. Na actualidade, case todos os deportes teñen a súa versión feminina. Con todo, as mulleres deportistas permanecen, normalmente, á sombra dos seus colegas masculinos. O ciclismo feminino de competición comeza entre nós á vez que a […]

Mercedes Romero Abella. Mullere(es) de palabra

  Con María Miramontes comezamos unha colección que titulamos MULLER(ES) DE PALABRA para axudar a rescatar do esquecemento a mulleres de pensamento e de acción, mulleres singulares que traballaron polo progreso, pola igualdade, pola mellora de Galiza e de cada unha das galegas e galegos. O número dous desa colección foi dedicado a Mercedes Romero […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies