Antes, despois, sempre Amergin

Afirmou Robert Graves: “English poetic education should, really, begin not with the Canterbury Tales, not with the Odyssey, not even with Genesis, but with the Son of Amergin”. Así que o autor d’ A deusa branca, ese tesouro do saber poético, consideraba que o texto xerminal, o berce da imaxinación, o comezo da gran viaxe, […]

Luísa Villalta: rota ao interior do compromiso

Luísa Villalta

Desde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda –que temos como obxectivos a promoción e defensa da lingua e da cultura galega así como divulgar o pensamento do ilustre nacionalista que nos dá nome– non queremos deixar pasar esta data –17 de maio de 2024– para homenaxear a tamén ilustre socia de honra da nosa asociación, Luísa […]

21 de marzo: sempre a poesía

Mural Rosalía

“A poesía vivirá eternamente. Por muito que se materialice o mundo, sempre ficarán tolos con estrelas na frente e cantares no bico” (Florencio Delgado Gurriarán) LUÍSA VILLALTA (Ruído): Acabarei por facer do poema a biografia, atar os dias a xeito de tercetos encadeados e espetar–lle ao mundo que si, que é posíbel viver como vive […]

Afonso X, o rei sabio que escribía en galego

Afonso X

Como sabemos, durante a Idade Media –sobre todo durante o século XIII–, Galiza viviu un período de monolingüismo en galego (ou galegoportugués). A nosa lingua era utilizada en todos os contextos e para todas as funcións: como lingua familiar, administrativa, xudicial e –tamén– como lingua literaria. A nosa literatura –e a nosa lingua– vive un […]

Díaz Castro: un paso adiante e outro atrás, Galiza

 “Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total” (Carvalho Calero) Hai autores que cunha soa obra publicada conseguiron pasar á historia da literatura gañando o respecto e a valoración dos estudosos e mesmo sendo referentes para outros autores posteriores. Un deses casos é o de Xosé María Díaz Castro co seu único libro de […]

Paco Souto: percebeiro, poeta e comprometido

Paco Souto

“Como se a morte viñese cada nove ondas”  No pregón da Praza dos Libros de Carballo –o día 6 de xullo de 2017– o escritor Manuel Rivas afirmaba: “Paco Souto pertencía, pertence, á nosa mellor estirpe, a estirpe da xente ceibe, dos ceibes solidarios” O día 30 de marzo de 2017 o mundo cultural e […]

Luz Pozo Garza: a poesía, o gran milagre do mundo

Luz Pozo Garza

“¡A poesía é gran milagre do mundo!” (Luís Pimentel) A poesía e as poetas manteñen erguida a bandeira da esperanza mesmo en tempos difíciles. Tiña razón o médico–poeta de Lugo: O poeta é un mestre sin ira. Levareite ó meu reino, onde te agarda a bandeira da espranza. A primavera –o mes de abril– ás […]

Manuel Álvarez Torneiro, poeta

Manuel Álvarez Torneiro

Outubro trae avisos, un imprevisto vértice de frío, unha capa de alporizadas plumas; pecha a mansións que o verán numerou, as vitrinas con sol e confituras, o fulgor reiterado. ..……….……………………………………… Dános oficios graves o outono, abre a memoria dos que foron felices, asedia un longo óxido, viste con ornamentos de sepelio, clausura e apodrece.   […]

Música para Rosalía

Da importancia da obra poética de Rosalía de Castro dentro da nosa literatura e da nosa cultura –tamén da universal–, dan conta os numerosos estudos das súas obras e traducións dos seus versos a distintas linguas. Igualmente, as continuas homenaxes á súa figura nos versos doutros autores. Para valorar e recoñecer a súa figura non […]

#Estrelarosalía

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. (Curros Enríquez) A Unión Astronómica Internacional, para celebrar o seu centenario, foi fundada hai un século, está organizando para este ano unha campaña que denomina NameExoWorlds (Nomea Exomundos) no que lle pide aos estados que dean nome a unha estrela. No caso […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies