Xela Arias a diario

Xela Arias

Na década dos oitenta –do século pasado– produciuse unha eclosión da poesía galega. Os autores que comezaron a publicar nesta década acadaron unha considerable difusión. Unha desas autoras que iniciou a súa andaina por eses anos foi Xela Arias. A ela, como homenaxe e recoñecemento da súa obra, dedicámoslle a continuación unhas breves liñas. Vida […]

Luísa Villalta: coa Cidade Alta (do Norte) tatuada nos ollos

Luísa Villalta

Unha das autoras imprescindibles –e non sempre ben coñecida e recoñecida– no último cuarto do século XX é Luísa Villalta. A ela dedicamos, a continuación, unhas breves liñas de homenaxe, esperando que un día a súa voz e o seu recoñecemento chegue a toda Galiza, terra coa que ela estaba tan comprometida. Vida e obra […]

Gonzalo López Abente

No tránsito do século XIX ao século XX a crítica literaria fala dunha xeración sen demasiada coherencia de grupo e sen angueiras comúns. Deixamos atrás o Rexurdimento e antes da Xeración Nós e das Vangardas, os estudosos sitúan a chamada Xeración de Entre Dous Séculos. Estes autores –entre os que estarían Antonio Noriega Varela e […]

Luís Pimentel, o médico poeta

Non son infrecuentes nas distintas literaturas os casos dos médicos escritores. Dise que o seu contacto con drama da vida humana –nacemento, enfermidades, morte– os converte en observadores privilexiados deses sentimentos. Tamén se fala de que quizais a literatura -escribir- sexa unha vía de escape da que se poida sentir necesitado o médico. Sexa como […]

Manuel Antonio: a vangarda poética

Nas primeiras décadas do século XX, aparecen en Europa un conxunto de movementos de renovación estética que van revolucionar todos os aspectos da arte. É o denominado vangardismo. Un dos terreos que sufriu a renovación estética foi o literario. Imitando o cambio producido en Europa, tamén en Galiza, nos anos 20 e 30, chegou a […]

Uxío Novoneyra: do Courel a Compostela

Se hai un poeta que podemos vincular coa súa terra, ese é Uxío Novoneyra. Imposible non pensar no seu Courel natal ao escoitar o seu nome. Pero Uxío traspasa os límites da súa comarca porque el quere ir “do Courel a Compostela por terras liberadas”. Considerado un dos cumios da poesía da segunda metade do […]

Ernesto Guerra da Cal: o descoñecido galego universal

Temos na Galiza varios intelectuais que aínda están pendentes do coñecemento e recoñecemento popular e oficial. Sempre se cita a débeda que temos con Ricardo Carvalho Calero, pero hai outros autores tamén esquecidos e pouco recoñecidos, polo menos, non tanto como merecerían. Un deses autores é Ernesto Guerra da Cal, moi valorada a súa produción […]

Lorenzo Varela, o compromiso do poeta do exilio

O golpe de Estado de 1936 e a ditadura franquista que veu despois supuxo o desmantelamento do sistema literario galego en Galiza. Estableceuse un réxime estrito de censura que desconfiaba de toda manifestación artística que non estivese en castelán. Por sorte, a cultura galega -e neste caso a literatura- tivo continuidade nos países de acollida […]

Os seis poemas galegos de Lorca

No século XIII, Afonso X –nado en Toledo e Rei de Castela e León– escribía as Cantigas de Santa María en galegoportugués, lingua que na época era habitual da lírica culta en Castela. Preto de sete séculos despois, un escritor nado en Fuente Vaqueros (Granada) volvía utilizar a lingua galega para escribir seis poemas: Federico […]

Curros Enríquez, a poesía comprometida

Curros Enríquez

En setembro de 1851 nacía un dos poetas máis destacados das letras galegas: Manuel Curros Enríquez. Chegados a mediados de mes, vaian estas liñas como lembranza do poeta que tanto amou A Coruña. A vida e obra Como diciamos antes, un dos piares do chamado Rexurdimento -na segunda metade do século XIX-, Curros Enríquez, nacía […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies