A prensa en Galiza: presente e futuro
Nun encontro celebrado na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e organizado por Nós Diario –para festexar a saída do número 1000 do xornal– analizouse a situación actual e o futuro da prensa en Galiza. No acto, xunto con María Xosé Bravo –presidenta da AC Alexandre Bóveda–, participaron María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do […]
Xornalismo galego e feminista
Dentro do ciclo Pensando o futuro, tivemos a oportunidade de escoitar –na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda– a palestra Os retos do xornalismo en chave galega e feminista. A encargada de impartila era María Obelleiro, directora de Nós Diario. Presentada por Xoán Costa –presidente e conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A.–, María Obelleiro foi analizando os […]
Futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel: dúbidas e certezas
Organizada pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega tiña lugar este luns, 10 de outubro, en Compostela, unha xornada sobre a realidade e perspectivas de futuro dos medios de comunicación en galego en soporte papel. Coordina por María Ángeles Rodríguez Yáñez do periódico valdeorrés, O Sil, a xornada comezaba coa […]
Nós 1920-2020
Festexamos neste 2020 o centenario de Nós. O 30 de outubro de 1920 nacía a revista Nós. En xuño de 1920 reúnense no café Méndez Núñez en Pontevedra Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez coa intención de fundar unha revista monolingüe sobre a cultura galega á que deciden chamar Nós, a proposta de Castelao para […]
Precisamos máis elefantas
Desde o 24 de novembro de 2017, día en que Sermos Galiza fai o anuncio da posta en marcha do proxecto para a edición dun diario en papel, até hoxe, 30 de novembro, en que o presentamos ao público, pasaron 636 días. Un período de xestación longo, só equiparábel co período de xestación das elefantas, situado, por termo […]
O Tío Marcos d’a Portela: un dos primeiros xornais en galego
Contar con medios de comunicación na nosa lingua é fundamental para a normalización lingüística e cultural de Galiza. Ese foi e segue a ser un obxectivo aínda pendente por cumprir. Ata finais do século XIX, o uso do galego na prensa era practicamente anecdótico: algunha colaboración literaria –sobre todo, poéticas–, algunha sección de carácter satírico […]