Iniciamos o curso na asociación Alexandre Bóveda. E facémolo voltando ás aulas con este programa que imos desenvolver durante os meses de setembro, outubro e novembro. Unha oferta de cinco curso, todos gratuítos, e compostos, cada un deles, de tres sesións, en horario de 19:45 a 21.00 h.
Programa Pórtico
con Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora
O programa divulgativo Pórtico busca unha abordaxe completa dunha das maiores xoias do nosa historia da arte.
- As orixes. Desde as basílicas primitivas até a planta románica construída polo empeño persoal do alto clero compostelán cristalizado na figura de Xelmírez e a súa intención de consolidar unha aristocracia autóctona galega.
- O xenio medieval. A figura do Mestre Mateo colocou a Galiza no centro da vangarda da arte cristiá.
- A chegada do barroco compostelán. Despois da xenial obra medieva, á cidade compostelá chega a unha nova etapa de esplendor.
[wps_alert type=”warning”]PRAZAS ESGOTADAS![/wps_alert]
Martes 29 de setembro, 6 e 13 de outubro
Introdución á Astronomía
con Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
O único verdadeiramente necesario para gozar coa astronomía é a paciencia e a curiosidade. Neste curso empezaremos a coñecer mellor o firmamento e as regras básicas dos movementos celestes. Recoñeceremos as constelacións, aprenderemos como é a vida das estrelas e como é de grande o universo, e poremos en valor o traballo de moitos homes e mulleres que nos fixeron entender o noso lugar no Universo.
[wps_alert type=”warning”]PRAZAS ESGOTADAS![/wps_alert]
Mércores 30 de setembro, 14 e 28 de outubro
Mellorando o uso da lingua
con Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC.
As súas sesións están pensadas para mellorar o uso do galego do punto de vista gramatical e lexical. Por iso, aínda que sexa aberto a todo o tipo de públicos, nortéase preferencialmente cara a aquelas persoas que xa empregan o noso idioma habitualmente, mais que queren aprimorar a gramática e o vocabulario.
[wps_alert type=”warning”]PRAZAS ESGOTADAS![/wps_alert]
Xoves 8, 15 e 22 de outubro
Que debes saber de feminismo?
Con Cristina Bajo, socióloga.
O curso articúlase arredor da reconstrución retrospectiva e cronolóxica do feminismo como tradición intelectual e movemento social. Trátase de explicar os tres séculos de historia do feminismo e dos diferentes feminismos a grandes trazos para poder ter unha visión global da nosa xenealoxía.
Dende o seu nacemento coas reivindicacións de igualdade das mulleres no século XVIII ata as teorías queer desenvolvidas a finais da década dos ´90 e principios do século XXI, facendo sempre unha parada no feminismo do país, no feminismo galego.
[wps_alert type=”warning”]PRAZAS ESGOTADAS![/wps_alert]
Luns, 19, 26 de outubro e 2 de novembro
Fake news: coñecelas e combatelas
con Jorge Castro, bibliotecario e comunicador.
- Como nos informamos? dos medios de masas ás redes sociais.
- Que entendemos por fake news? Historia e tipoloxía.
- Opinión pública e posverdade.
- As falacias desinformativas. Detección de fake news.
- Verificadores: noticias, enlaces, imaxes, vídeos…
- Ferramentas e recursos para verificación dixital.
[wps_alert type=”warning”]PRAZAS ESGOTADAS![/wps_alert]
Martes 20, 27 de outubro e 3 de novembro
[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]
[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/volver-as-aulas.pdf” width=”500″ height=”500″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” toggle_left=”true” scroll=”true” spread=”true” default_scroll=”0″ default_spread=”0″ language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=”none” iframe_title=”Volver (ás aulas)”]