Xa estreamos casa

O 27 de xaneiro de 2023 pasará á historia da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda como o día no que estreamos novo local e novas ilusións. Arredor das 19:30 horas, a que xa é a nosa sede (rúa Santo André, n°36, 1° –dentro do Circo de Artesáns–) comezaba a encherse de invitadas para o esperado acto de inauguración. Moito traballo previo –e de moita xente– para que chegado o momento a que xa é a nosa casa estivese como soñabamos.

A continuación, como homenaxe a todas as que nos acompañaron, queremos poñer unha serie de imaxes para que quede constancia da nosa gratitude e da nosa ilusión renovada en favor da cultura galega.

A primeira en tomar a palabra foi a nosa presidenta María Xosé Bravo.

Xosé Manuel Sánchez Rei –o noso vicepresidente– tamén dirixiu unhas palabras ás convidadas.

A continuación, falou M. d’Outeiro da súa exposición “Con Luísa Villalta” que tamén inauguramos.

A escritora Beatriz Maceda recitou versos de Luísa Villalta.

As nosas socias máis antigas recibiron o recoñecemento da Agrupación.

Grazas a AC Aïs puidemos escoitar a música do percusionista Noé Rodrigo Gisbert.

No noso local houbo exposición de libros e material que as invitadas puideron levar.

Moita animación, emoción, encontros e ilusión nesta nosa nova casa.

Iniciamos unha nova andaina con renovadas forzas.

A partir de agora, no número 36 da rúa Santo André, 1 andar, esperámosvos a todas. Con Alexandre Bóveda, coa lingua galega e a nosa cultura como referentes.

Inauguración da nova sede de ACAB

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies